... e aló vamos!!!
Hai xa unhas horiñas que temos as mochilinhas listas para cargar mañá pola mañá no coche e saír cara ó aeroporto de Barajas en Madrid. Gústanos viaxar coa mínima equipaxe e desta volta creo que conseguimos minimizar vultos... unicamente levaremos catro: a mochila XXL de Carlos e maila miña, o raqueteiro de Iago onde acomodamos tamén as toallas de baño e a mochila das "tecnoloxías" que terá un papel importante para manternos pretiño de vós. Nesa mesma liña temos tamén preparadas as mochilnhas virtuais que desta vez serán dúas xa que, por sorte, cada vez nos acompañades máis persoas queridas. Desas mochilas tan especiais encargaranse Paulo e Rosalía, así que subide tranquilos que estades en boas mans ;)
Graciñas por virdes con nós e esperamos, moi pronto, poder contarvos cousas desde Ilha de Sal. Mentres tanto, deixovos este vídeo para acompañar a espera...
Biquiños!!!
2 comentários:
Ola familia!!! Pois claro que quedamos contentos de saber que nos levades con vós nesa mochilinha que van a carrexar Paulo e Rosalía.
Disfrutade da viaxe e aprendede moitas cousas para logo contárnolas á volta, porque xa sabedes que para a volta deixamos algo pendente...non sí rapaces?
Moitos biquiños de nós os tres e xa seguimos en contacto
Que sorpresa!!!!! Todavía estoy pensando como ver el documental de TV y vosotros os vais a CABO VERDE!!!
Seguro que disfrutareis mucho y nos hareis disfrutar sana envidia a los que nos quedamos. Espero que hagais una conferencia este verano, o al menos una tarde dedicada a las experiencias de todos. Y la música, que fado más intenso has puesto en el video... impresionante.
Estoy deseando leer la próxima entrada. Un petonet
Mercedes
Enviar um comentário